ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arde por completo unha vivenda en Tremiñá (O Barco)

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais xa que o inmoble esta baleiro nese momento. O lume tamén afectou a outras dúas casas próximas

Arredor das catro da madrugada deste venres 26 de abril producíase un incendio nunha vivenda situada en Tremiñá (O Barco), na que nese momento non había ninguén. O ruído causado polo lume espertaba a unha veciña e a un mozo de dúas casas próximas, que daba a alerta ao resto do vecindario. Dábase tamén aviso aos equipos de emerxencias que se desprazaban de inmediato ata o lugar: bombeiros, 061, GES de Folgoso do Courel e Valdeorras, Protección Civil de Petín e Garda Civil.

 

Danos producidos nunha das vivendas próximas.

 

Sen embargo, nada puido facerse para sofocar o lume na casa, que resultou queimada por completo. Ademais as chamas afectaban a outras dúas vivendas próximas e nunha delas ardía o faiado.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/quedamos-sen-nada-necesitamos-axuda/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close