EconomíaEconomíaÚltima hora

Arde un cadro eléctrico en Petín

En torno ás cinco da tarde do 27 de xullo producíase un incendio nun cadro eléctrico, situado nas proximidades da Casa Consistorial de Petín, deixando queimada a caixa por completo. Nesta zona do municipio, que nestes días celebra as súas festas patronais, había numerosas atraccións, pero no momento do incidente estaba todo apagado, descoñecéndose por agora o motivo do incendio.

Ata o lugar do suceso desprazábanse o GES Valdeorras, os bombeiros, Protección Civil de Petín e tamén a Garda Civil. O incendio deixou sen luz á vila, pero pouco despois xa estaban traballando na reparación desta avaría os técnicos de Anpema e agora está restablecido o servizo de electricidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button