ConcellosO BarcoÚltima hora

Arde un coche na estrada de Éntoma (O Barco)

 

Pasadas as 23 horas da noite deste luns 14 de xuño, ardía un coche na estrada de Éntoma (O Barco de Valdeorras). Malia non ter que lamentar danos persoais, a virulencia das chamas provocaba a calcinación total do vehículo.

Particulares que circulaban nese momento pola zona captaban esta imaxe.

Non é a primeira vez que un vehículo arde en plena estrada. Hai un mes, unha furgoneta ardía en pleno centro da Rúa, estando parada no semáforo.

Artigos relacionados

Back to top button