ConcellosÚltima hora

Arde un galpón en San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras)

 

Arredor das 22:45h. da noite do pasado domingo 2 de febreiro producíase un incendio na parte alta da localidade de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), coñecida como Os Chelos. Ardía un galpón con diversos enseres no seu interior.

Ata alí se desprazaban de inmediato os membros do GES Valdeorras, os Bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil. A intervención finalizaba sobre as tres da madrugada e como consecuencia do lume ardía por completo a estrutura e o tellado de madeira do galpón.

Os vehículos de emerxencia tiveron dificultades para poder acceder a esta localidade, dada a complicada situación na que se encontra o seu acceso.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close