ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Arde unha antiga nave industrial no Barco

 

Rozando as 21h. desta tarde producíase un incendio nunha antiga nave industrial situada na avenida Santiago Melo Pisón do Barco, nunha zona moi próxima a vivendas. Trátase dunha das naves que antigamente formaban parte do que era Talleres Meleiro e que actualmente, ao parecer, non tiña uso.

 

 

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os bombeiros do GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e tamén bombeiros forestais, así como a Policía Local do Barco, a Garda Civil e Protección Civil. Segundo as primeiras informacións, non hai que lamentar ningún dano persoal.

 

 

 

 

 

Foto e vídeo cedidos: https://www.youtube.com/shorts/pbiCfnkbCoU

Artigos relacionados

Back to top button