ConcellosEn portadaÚltima hora

Arde unha cabina vella de tren na Rúa

Estaba parada dende hai tempo nunha das vías sen servizo da estación de ferrocarril desta vila valdeorresa

Á última hora desta tarde de luns 27 de maio producíase un incendio nunha antiga cabina de tren que leva tempo situada nunha das vías sen servizo da estación de ferrocarril da Rúa. Arredor das nove e media alertábase do suceso ao 112 e ata o lugar desprazábanse os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras e a Garda Civil.

O incendio xa foi sofocado neste vehículo ferroviario denominado dresina.

 

Artigos relacionados

Back to top button