ConcellosÚltima hora

Arde unha campá extractora nun piso do Barco

Un bo susto se levaban os veciños dun edificio da rúa Penas Forcadas do Barco. Un incendio que se producía nun dos pisos ao arder a campá extractora obrigaba a desaloxar o inmoble na noite do 13 de outubro. Ata alí desprazábanse os Bombeiros de Valdeorras, o GES valdeorrés e tamén a Policía Local do Barco, que cortaban á rúa ao tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button