A RúaConcellosÚltima hora

Arde unha furgoneta en pleno centro da Rúa

 

En torno ás catro e media deste xoves 8 de abril producíase un incendio en pleno centro da Rúa. O motor dunha furgoneta que estaba parada no semáforo da céntrica rúa Progreso, moi cerca da praza do Concello, comezaba a arder levantando en pouco tempo unhas grandes chamaradas que calcinaban a parte dianteira do vehículo, que levaba un remolque con árobres e plantas que eran rapidamente retirados sen provocar máis danos que os do propio vehículo.

Tal como explicaba o condutor da furgoneta, “comezou a arder sen máis pero polo visto é algo bastante frecuente”, asegurando que pudo ser peor. “O malo é a furgoneta, que hai que tirar con ela, pero por sorte non hai máis danos”,  dicía no lugar dos feitos.

Ata o lugar do suceso acudían dous camións do parque comarcal de bombeiros, que rapidamente apagaban as chamas, membros do GES Valdeorras, a Garda Civil, Protección Civil da Rúa e a Polícía Local da Rúa, encargada de controlar o tráfico.

Fotos: Mónica G. Bellver
Vídeo cedido

 

Artigos relacionados

Back to top button