ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Arde unha furgoneta na A-52 á altura da Mezquita

Na tarde do 29 de setembro os servizos de emercencia traballaban na extinción nun incendio que se declaraba nunha furgoneta na autovía A-52, á altura do municipio da Mezquita.

Era o propio condutor do vehículo, de nacionalidade portuguesa, quen alertaba da situación ao 112 Galicia ás 17:00 horas desta tarde, tal e como se informa dende o propio 112. Este feito estaba tendo lugar no quilómetro 117 da Autovía das Rías Baixas, en dirección Ourense.

O persoal do 112 Galicia alertou ao GES da Gudiña, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button