ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arde unha nave de castañas no Barco

En torno ás seis desta tarde comezaba a arder por causas que por agora se descoñecen unha nave industrial de castañas no Barco, na estrada que conduce a Rubiá. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato diversos efectivos de emerxencias: o GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal, os bombeiros do distrito forestal, Protección Civil do Barco, Garda Civil, así como os servizos sanitarios.

Segundo as primeiras informacións, non hai que lamentar danos persoais pero crese que os danos materiais van ser cuantiosos tendo en conta como se está desenvolvendo o lume.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button