OurenseÚltima hora

Arde unha vivenda e o lume propágase a unha segunda en Laza

Publicidade

 

Os efectivos de extinción de incendios e salvamento traballan arestora para sufocar un incendio, “que xa devorou unha vivenda e ameaza seriamente unha segunda en Laza”, segundo informa o 112 Galicia, que tivo coñecemento deste suceso ás 11 desta mañá, cando se recibiron as chamadas de alerta de veciños e propietarios.

Por fortuna, “ninguén resultou ferido ao tratarse de dúas casas deshabitadas en vías de recuperación. Iso si, o incendio acadou tal intensidade que xa afecta a unha segunda vivenda, polo que os equipos do GES da localidade, así como os Bombeiros de Verín traballan para atallar as chamas e evitar máis danos”, segundo os datos que falicita o 112 Galicia.

Arestora os equipos de extinción continúan no punto e contan co apoio dos axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button