ConcellosÚltima hora

Arden os cables dun cadro eléctrico do exterior dun edificio no Barco

O GES Valdeorras sofocaba este incencio que deixaba o inmoble sen luz
Cables queimados no incendio da pasada madrugada nun edificio da rúa Penaguillón do Barco.

 

Rozando as cinco da pasada madrugada producíase un incendio nos cables dun cadro eléctrico situado na fachada dun edificio da rúa Penaguillón do Barco. Ata o lugar traslábanse rapidamente os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicial (GES) Valdeorras, que sofocaban as chamas dos cables cun extintor, evitando dese xeito que se producisen danos maiores.  Ata o lugar tamén se desprazaban os bombeiros do parque de Valdeorras e unha ambulancia.

O lume provocaba que o edificio se quedase sen luz. Disto informábase de inmediato á empresa responsable para que procedese o antes posible a restablecer o servizo de enerxía eléctrica no inmoble.

 

Exerior do edificio onde se producía este suceso.

 

Artigos relacionados

Back to top button