CulturaCulturaÚltima hora

“Ardentía” ameniza as festas de Quiroga

O concerto tivo lugar o sábado, 8 de agosto, ás 22h na Praza de España

 

A Praza de España de Quiroga acolleu, o pasado sábado 8 de agosto, o concerto do grupo “Ardentía”. O evento contaba coa colaboración da Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único. A partir das 22h, os artistas interpretaron numerosas pezas de música tradicional galega. A necesidade de manter o distanciamento social impediu que os asistentes puideran bailar ao son de “Ardentía” pero o grupo sempre tentou involucrar ao público o máximo posible durante o concerto.

A actuación tivo unha moi boa acollida entre os veciños de Quiroga, que ocuparon case todas as localidades dispoñibles. Non obstante, a actividade tiña aforo limitado e en todo momento se cumpriron as medidas de seguridade derivadas da crise sanitaria. Os asistentes tamén dispoñían de xel hidroalcólico á entrada da praza.

 

O público durante o concerto de “Ardentía”.

 

O concerto de “Ardentía” forma parte da programación das Festas de Verán, que este ano teñen unha programación máis reducida para evitar aglomeracións de xente e poder garantir así as medidas sanitarias necesarias para frear a expansión do coronavirus. A axenda continuou este domingo, 9 de agosto cunha alborada a partir das 11:00h e outro concerto ás 13:00h diante da casa consistorial.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close