DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Arenteiro golea ao Villalonga no campo de Espiñedo

Os de Manel Vázquez gañaban 5-0 aos de Sanxenxo na xornada 28 de terceira división

Despois dunha racha negativa, con cinco partidos sen puntuar, na xornada 28 de terceira división, o C.D. Arenteiro necesitaba máis que nunca os tres puntos e xogo e non só vencían, senón que o facían por goleada.

Cun contundente 5-0 se resolvía o partido disputado na tarde do 4 de marzo no campo de Espiñedo, no Carballiño. Dun lado do campo, o C.D. Arenteiro no posto 14º; do outro, o Villalonga último clasificado; e nas bancada a afección apoiando coma sempre ao equipo que se adiantaban no marcador grazas ao gol de Íker no minuto 36. Rubén Arce marcaba o segundo local no 43′ e só un minuto máis tarde Daniel poñía o 3-0 no marcador.

Na segunda parte, tralo paso polo vestiario, os rapaces de Manel Vázquez seguían pelexando por un novo gol que chegaba da man de Rubén Arce no 70′, sendo Marcos Vilachá quen poñía o broche co 5-0 no minuto 80.

Con este resultado os verdibrancos suben un posto e comezan o mes de marzo por diante do Celtiga e a dous puntos do Ribadumia. A seguinte xornada levaraos ata Carballo para enfrontarse a un duro rival, o Bergantiños (segundo clasificado).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button