CD ArenteiroDeportesFútbol

Argimiro Marnotes, novo presidente do CD Arenteiro

Comunicouse nunha asemblea celebrada na tarde de onte no Estadio Municipal de Espiñedo do Carballiño

O CD Arenteiro xa ten novo presidente, o exalcalde da vila, Argimiro Marnotes. A xa anterior directiva encabezada por Paco Cachorro comunicouno nunha asemblea celebrada na tarde de onte, 3 de xullo, no Estadio Municipal de Espiñedo do Carballiño.

 

 

Así, unha vez anunciado, Argimiro Marnotes quixo dirixirse aos socios alí presentes para comunicar a súa decisión de “intentar xestionar o club da mellor maneira posible para que os veciños do Carballiño se sintan orgullosos do club e da vila”. Ademais, nos próximos días fixarase unha data para unha nova asemblea onde dará a coñecer aos seus socios e o seu proxecto para a vindeira tempada.

Artigos relacionados

Back to top button
Close