OurenseÚltima hora

Armando Ojea, novo tenente de alcalde de Ourense

Armando Ojea, novo tenente de alcalde de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, vén de nomear no mediodía deste martes 8 de setembro a Armando Ojea novo tenente de alcalde do Concello de Ourense. Ojea Bouzo é actualmente concelleiro de Recursos Humanos e voceiro do grupo municipal de Democracia Ourensana no Concello de Ourense, membro da xunta de goberno local e vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.

“O tenente de alcalde é o concelleiro que substitúe ao alcalde nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade consonte ao previsto na Lei de Bases de Réxime Local e no Regulamento Orgánico do Concello. O tenente ou os tenentes de alcalde son nomeados e revogados libremente polo alcalde entre os membros da Xunta de Goberno Local”, explican dende o Concello de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button