CulturaCulturaÚltima hora

Arraianos presenta en Córgomo o espectáculo ‘Florencio sen fronteiras’

O evento forma parte do programa 'As noites de Florencio' que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto no concello de Vilamartín de Valdeorras

 

Continúa a programación das ‘Noites de Florencio’ no concello de Vilamartín de Valdeorras. Dous días despois da presentación no Teatro Lauro Olmo do Barco como limiar do programa de actos da XXIII Feira do Viño de Valdeorras, os Korgomófilos e a Moza Fresca achegábanse ata Córgomo para rendir tributo ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas co espectáculo ‘Florencio sen fronteiras’ de Arraianos Producións.

 

 

O espectáculo multimedia que poñían en escena na Aira dos Bolos na noite do sábado 9 de xullo, facía un percorrido pola música, a imaxe e a palabra nunha inmersión no universo lírico e persoal de Florencio.

A seguinte cita, desta volta en Portela, será o vindeiro sábado 16 de xullo da man de Paco Campos e as súas ‘Cantarenas na noite’.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button