DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Arranca a 12ª Carreira Popular Solidaria do Turrón do Barco

En apenas uns minutos dará comezo a carreira infantil dende a Fonte da Ra no Malecón

A Carreira Popular Solidaria do Turrón constitúe toda unha festiva, deportiva e benéfica constitúe xa toda unha referencia no Nadal na vila. Nesta ocasión celebrarase nesta tarde do sábado 22 de decembro. Os primeiros en tomar a saída serán os máis pequenos, cunha carreira que comezará ás 17:30h. dende a Fonte da Ra.

Media hora despois será a saída da proba popular, xa dende a praza Andrés de Prada. O número de voltas, como noutras ocasións, será voluntario (1, 2 ou 3) e poderán realizarse andando ou correndo. Haberá premios individuais e tamén colectivos e, ao final, ofrecerase aos participantes unha chocolatada con biscoitos, seguida dun sorteo de produtos de Nadal.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button