DeportesEn portadaÚltima hora

Arranca a festa do motor en Ourense

A Escudería Ourense pon en marcha a 47ª edición do Rallye de Ourense-Ourense Termal (13 e 14 de xuño) con pequenos cambios nos tramos
Este ano o percorrido non inclúe o famoso salto do tramo de Toén./ Foto: Carlos G. Hervella
Este ano o percorrido non inclúe o famoso salto do tramo de Toén./ Foto: Carlos G. Hervella

O 47 rallye de Ourense-Ourense Termal xa está en marcha, presenta algúns cambios, o parque pechado estará na Praza Maior, o que achega o rallye aos ourensáns, seguindo a zona de asistencia en Expourense que como vén sendo habitual será o centro neurálxico do rallye.

Contará cun percorrido de 482,67 quilómetros, dos cales 200,88 serán cronometrados, repartidos en 12 tramos.
Á parte de ser puntuable para o campionato de España de rallyes, este ano puntuará para a Copa Suzuki, a Mitsubishi Cup, a Renault 2 RM e a Dacia Sandero.

Volveremos contar co Shakedown, que será outra vez no mítico Castro de Beiro, un dos tramos máis coñecidos e máis querido pola afición que seguro reunirá a moitos afeccionados.

No percorrido encontrámonos que o primeiro tramo San Cibrao será tamén o que peche o rallye, o que facilitará ao afeccionado que se poda ver e disfrutar dun xeito moi cómodo o desenlace final do rallye.

No resto pois moi parecido ao do ano pasado, os Peares e A Peroxa como primeiro bucle da mañá do sábado, no segundo bucle a maiores destes dous tramos teremos Toén, que será o primeiro da tarde para continuar con San Pedro de Rocas e Luintra e rematar co bucle de San Pedro de Rocas, Luintra e San Cibrao.

Texto: Gonzalo Belay
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button