DeportesMotociclismoÚltima hora

Arranca a Liga Galega da Moto de Campo 2021 con participación valdeorresa

O barquense Jorge Paradelo imponse na categoría Elite na primeira carreira de enduro disputada en Piñor (Ourense)

Jorge Paradelo no podio da carreira de Piñor.

 

Despois de moito esperar, por fin arrancaba a Liga da Moto de Campo 2021. Facíao este domingo 11 de abril, coa primeira carreira de enduro social federado en Piñor (Ourense). Unha proba organizada polo Moto Clube A Peroxa que contou con máis de 150 inscritos entre os que estaban os pilotos valdeorreses Jorge Paradelo Rodríguez (Núñez Motor) e Diego Teixeira Fernández (Rúa Motor), ámbolos dous na categoría Elite.

Teixeira Fernández remataba no 8º posto da clasificación mentres Paradelo impoñíase tanto na final Elite coma na Scratch, subindo ao alto do podio como campión do Trofeo de Piñor.

A gran novidade no calendario da liga deste ano é que haberá tres eventos de Raid Navegación e outros tres de Dirt Track. Se nada o impide e a situación sanitaria non empeora, a seguinte cita co enduro será xa a mediados de maio en Ferreira de Pantón (Lugo).

 

Artigos relacionados

Back to top button