DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Arranca a pretempada de fútbol no Barco

O C.D. Barco presentaba aos novos xogadores, antes do primeiro adestramento da tempada 2015/2016 en terceira

Rubén Arce, Ángel Cano, Jorge de Dios, David Mitogo e o barquense Rubén García, son as fichaxes coas que o Centro de Deportes Barco completa o plantel que este ano competirá en terceira división, aínda que tal como asegura o presidente do club “pode que haxa algunha máis”. De momento hai outros dous xogadores que asistían ao primeiro adestramento da pretempada.

Pasaban das nove da noite do 20 de xullo cando vintetrés xogadores do club vermello saltaban ao céspede de Calabagueiros acompañados polo corpo técnico (míster, segundo adestrador e preparador físico) para comezar o traballo dunha campaña que se presenta intensa e complicada.

Intres antes, o propio presidente do club, Daniel Ramos, presentaba oficialmente ás cinco fichaxes que hoxe se incorporan ao plantel. Todos xogadores con experiencia na categoría que porán todo da súa parte para deixar en bo lugar ao club. “O noso obxectivo é manternos na categoría pero sen renunciar a nada e loitaremos por estar o máis arriba posible a pesares de que somos a cincenta do grupo cun un equipo moi novo” asegurou Nilo.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button