CulturaMúsicaÚltima hora

Arranca a segunda edición de Technosil

Uto Karem e Dosem, no festival de música electrónica que se celebra hoxe e mañá en San Clodio
I edición do Technosil celebrada o ano pasado en San Clodio.
I edición do Technosil celebrada o ano pasado en San Clodio.

Hoxe 1 de agosto arranca Technosil 2014. A partires das oito da tarde a praza do Concello de San Clodio (Ribas de Sil) acollerá a segunda edición do festival de música electrónica á beira do Sil.

En canto aos artistas que pasarán polo escenario, atopamos unha selección de recoñecidos dj’s tanto do panorama nacional como internacional e tamén local. Hoxe, venres día 1 de agosto Maceda (Monforte) abrirá a programación, seguido por Fro (Froxan), Brais Llano (Lugo), Dávila (Quiroga), Óscar Vizcaíno (Lugo), Fernando Mesa (Lugo), Darkrow (Lugo), e o prato forte, Dosem (Barcelona) que pinchará en torno ás catro da madrugada, pechando a xornada Gabriel D’or & Bordoy (Live act, Madrid).

Mañá, sábado día 2 de agosto, de novo abrirase o recinto ás oito da tarde coa actuación de Carra (A Rúa), Beat Polar (Monforte), Dávila (Quiroga), Fraggle Row (Torbeo), Mathias Álvarez (Vilagarcía), Toni Llamas (Ponferrada), Fernando Mesa (Lugo), e o outro cabeza de cartel, Uto Karem (Italia), que pinchará en torno ás catro da madrugada ata que o dúo belga Filterheadz peche esta segunda edicióndo festival, o único destas características en Lugo e Ourense e o segundo en toda Galicia.

Foto: Carlos G. Hervella

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button