OurenseÚltima hora

Arranca a Semana das Industrias Culturais 2021

A publicidade e o sector audiovisual centraron a primeira xornada da ICC Week, coas charlas de Toni Segarra e das ourensás Helena Freijedo e Sara Casasnovas

 

A sétima edición da Semana das Industrias Culturais, organizada pola Deputación de Ourense arrancaba na tarde deste mércores 13 de outubro no Centro Cultural Marcos Varcarcel. A capacidade de traballo e maila emigración son características que definen aos ourensáns, “pero tamén a súa capacidade de crear, grazas á cal Ourense é un territorio en movemento”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na inauguración da  ICC Week 2021, afirmando que “o que pasa hoxe e aquí é Ourense, non hai outro secreto”.

Manuel Baltar agradeceu o esforzo do equipo técnico e artístico da sétima Semana das Industrias Culturais e Creativas, que comezan tras a recente finalización do Festival Internacional de Cinema e, xa en novembro, da celebración da Mobile Week Ourense, “no marco dunha estratexia de acción política que só persegue unha cousa: reivindicar Ourense”.

Para o presidente provincial, a  ICC Week de 2021 “é a antesala dunha nova etapa que imprimirá velocidade á edición de 2022, ano no que xa teremos a alta velocidade, pero non para acurtar quilómetros, senón para reducir tempos desde calquera parte con Ourense”.

A publicidade e o sector audiovisual foron os asuntos destacados na xornada inaugural, que arrancou coa presencia dun mago da publicidade, Toni Segarra. Un dos máis importantes publicistas do século XX aportou a súa visión sobre o negocio, e reflexionou sobre a conexión dos publicistas e as marcas con todo o que pasa ao seu arredor, exercitando a empatía constantemente e escoitando as respostas do público. Tamén explicou que o traballo dos publicistas consiste en simplificar e arriesgar, porque hai que facer que o producto destaque entre todos os existentes. A publicidade, sinalou, se está ben feita é un reflexo perfecto dun momento concreto da sociedade. Respecto ao momento actual con diferentes medios onde deixar a mensaxe, resaltou que é moito máis importante unha boa estratexia, máis que medio que se elixa.

 

Intervención do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

 

De industria e talento falaron dúas ourensás que comparten paixón polo seu traballo, a representante e productora Helena Freijedo e a actriz e directora Sara Casasnovas. Xuntas participaron nunha mesa redonda onde Ourense, como berce de talentos, tamén foi protagonista. Helena Freijedo lembrou a súa traxectoria de 20 anos traballando como respresentante explicando algunhas curiosidades da súa relación cos actores e actrices coas que traballa. Sara Casasnovas reflexionou tamén sobre a necesidade de reinventarse dentro do traballo de actriz, e explicou como chegou a dirixir os seus propios proxectos.

A xornada do xoves se traslada a Muiños onde se atopa o Dolmen da Casiña da Moura, protagonista do cartel oficial desta edición acollerá parte da programación. Nese emprazamento, tres expertos como Julen Martín de BIME, Miguel Astorga, organizador da Monkey Weekend e Manuel Mejide, responsable de Mundos Digitales debatirán sobre como se pode engadir valor a través dos eventos culturais a un territorio, nunha charla programada para ás 12,00 horas. Todos eles teñen dilatada experiencia na organización de actividades culturais e de novas tecnoloxías, que conseguiron nestes anos afianzar no territorio onde se desenvolven.

Na sesión de tarde, a partir das 21,00 horas o escritor e crítico musical Victor Lenore compartirá as súas reflexións sobre a industria seguido dun espectáculo que mestura poesía e música e que traen ata Ourense Ajo micropoetisa e Nacho Mastretta. A xornada do xoves centrada na literatura e a súa relación coa música rematará coa presentación do libro-disco ‘Muerde aquel verso’ de Le Voyeur.

Artigos relacionados

Back to top button