DeportesÚltima hora

Arranca a X Titan Desert en Marrocos

O rues Víctor Álvarez compite por terceiro ano consecutivo, nesta proba extrema en bicicleta de montaña
O rues Víctor Álvarez na pasada Titan Desert. /Foto: JavierM@TitanDeset.
O rues Víctor Álvarez na pasada Titan Desert. /Foto: JavierM@TitanDeset.

Un total de 613 participantes desafiarán ás montañas e ao deserto de Marrocos na X edición da Titan Desert by Garmin, a carreira de mountain bike por etapas máis épica do mundo, que arrancaba esta mañá coa primeira etapa, unha das máis duras con máis de 100 quilómetros entre Boumalne Dades e Aknioun e un total de 2.600 metros de desnivel acumulado.

Con máis de 600 quilómetros repartidos en seis etapas, o durísimo percorrido levará aos participantes das montañas do Atlas ata o deserto, onde os titáns encontrarán por primeira vez unha etapa (a quinta) sen ningún tipo de sinalización.

Dende a organización aseguran que os máis de 600 participantes nesta edición da proba supón “un récord dende que se iniciou a aventura da Titan Desert by Garmin en 2006, cando unicamente un cento de aventureiros se atreveron a pedalexar polo deserto nunha competición que logrou acadar unha gran notoriedade entre os amantes do mountain bike, que ven na carreira marroquí un escenario ideal para poñerse a proba”.

Entre eses amantes da bicicleta e da aventura extrema, estará por terceiro ano consecutivo, o rues Víctor Álvarez Diéguez que se plantexa como obxectivo “vivir a experiencia e chegar entre os 100 primeiros”, algo que xa sería todo un logro e que ten na súa man, sobre todo despois de chegar entre os 35 primeiros na pasada edición.

Artigos relacionados

Back to top button