CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Arranca o curso escolar para Infantil, Primaria e Educación Especial

Preto de 19.000 escolares iniciaron hoxe as clases na provincia de Ourense

Un total de 18.675 alumnos de 113 centros educativos da provincia de Ourense comenzaron hoxe o curso escolar 2017/2018. Preto de 13.000 en Primaria, uns 5.600 en Educación Infantil e preto de 130 en Educación Especial.

En torno ás nove da mañá (o horario depende de cada centro escolar), os cativos acompañados por pais, nais ou avós ían achegándose ata os colexios. Algúns, máis tímidos, comezaban o colexio por primeira vez. Outros, con ilusión e ganas despois das longas vacacións, reecontráronse cos compañeiros de clase e profesores.

Con respecto ao ensino plurilingüe, este curso un total de 83 centros educativos galegos introducirán o plurilingüismo en Infantil, baixo o programa denominado Plurinfantil, 14 dos cales estarán en Ourense. Na cidade, incorpórano Salesianos, Carmelitas, Divina Pastora, Josefinas, Maristas, Divino Maestro, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso e Miraflores. No resto da provincia, tamén se acollen a este programa o Divina Pastora do Barco de Valdeorras, o Calvo Sotelo e o Sagrado Corazón de O Carballiño, o Sagrado Corazón de Celanova, o CEIP de Luíntra e o Guillelme Brown de Pereiro.

Ademais da actividade lectiva, hoxe comezaron a funcionar os servizos complementarios de comedor escolar e de transporte coa posta en marcha da modalidade de uso compartido, prevista no Plan de transporte público de Galicia e implantada en máis da metade das rutas escolares da provincia, concretamente en 273 das 482 existentes, que manterán intactas as paradas, os percorridos e os horarios do alumnado, segundo informan dende a delegación territorial da Xunta en Ourense.

O estudantado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, iniciará as clases este venres 15 de setembro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button