CulturaMúsicaÚltima hora

Arranca en Allariz un ciclo de música de cámara

O primeiro concerto de saxofón e piano celebrarase o sábado 7 de febreiro na Fundación Vicente Risco

Print

Na procura de fondos para o arranxo e afinación do piano de parede que a dona de Vicente Risco, María del Carmen Fernández donou á Fundación Vicente Risco de Allariz, naceu “Petiscos Musicais”, un ciclo de catro concertos adicado a música de cámara co piano como protagonista e que, durante o ano 2015, se van celebrar na sala onde está o case centenario piano.

Tal como explican dende a Fundación, os concertos constarán de dúas partes de 45 minutos aproximadamente cun pequeno descanso de 15 minutos. O abono para os catro concertos é de 40, euros. O prezo por concerto é 10 euros sempre e cando queden prazas (a capacidade é de 35 prazas).

O primeiro concerto terá lugar o vindeiro sábado 7 de febreiro ás 20:30h. na Fundación Vicente Risco e correrá a cargo do Dúo Brillance: Marcos Mariño ao saxofón e Gabriel López ao piano.

Artigos relacionados

Back to top button