OurenseÚltima hora

Arranca en Ourense a rodaxe de “Vida”

O proxecto audiovisual dirixido por Rubén Riós contará coa colaboración de actores como Javier Gutiérrez
Rubén Riós con parte do equipo de "Vida".
Rubén Riós con parte do equipo de “Vida”.

Tras máis dun ano de traballo previo, mañá xoves 29 de xaneiro, arrinca en Ourense a rodaxe de “Vida” unha obra audiovisual dirixida por Rubén Riós que contará cuns pesonaxes de excepción: persoas con discapacidade intelectual que queren demostrar que son capaces de meterse na pel dun personaxe de ficción. O actor e director ourensán encara esta obra como algo “máis alá do que pode ser unha produción audiovisual ata agora vista. Mistura emocións, sentimentos, nervios… Momentos únicos que puidemos capturar do esforzo e traballo dos nosos protagonistas. Eles demóstrannos que ter unha discapacidade non significa ser incapaz” di.

“Vida” narra a historia de Óscar, un mozo emprendedor con discapacidade intelectual que loita por sacar adiante o seu propio negocio como restaurador e creador de obras de arte e Helena, unha rapaza discapacitada que se enfronta ao seu día a día con certos problemas familiares de autoprotección e celos. Xunto a eles, un grupo de actores profesionais de primeiro nivel como Javier Gutiérrez (“La isla mínima”, “Águila Roja”), Cristina Castaño (“La que se avecina”), María Mera ou Luis Iglesia “(Matalobos”) entre outros.

A cidade de Ourense vivirá unha semana na que as súas rúas serán un estudo de cinema, rodando en lugares insígnes da capital como a Praza das Mercedes, a Praza do Ferro ou a Praza de Santa Eufemia. Unha vez máis, o rural volve ter unha presenza importante nos filmes de Riós, xa que recreará en Escudeiros (Ramirás), unha casa dos anos setenta.

Artigos relacionados

Back to top button