OurenseÚltima hora

Arranca en Ourense o ciclo para dar acoñecer a riqueza da xeotermia local

O proxecto Geoatlantic busca promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas
Asistentes á primeira xornada divulgativa do proxecto Geoatlantic.

Co obxectivo de amosar aos vecinos de Ourense as vantaxes no uso enerxético da xeotermía, o proxecto Geoatlantic iniciaba na mañá do 24 de abril as súas actividades divulgativas.

Nesta primeira xornada, os preto de 40 asistentes tiveron ocasión de coñecer os principais usos que esta enerxía renovable pode ter a nivel local tanto como uso enerxético como de saúde, recibindo resposta ás suas dúbidas e inquedanzas. Na presentación, o concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar, destacoou “a importancia desta enerxía a nivel estratéxico para a aposta de futuro renovable da cidade e o potencial que pode ter para o emprego e o desenvolvemento económico da mesma”.

Geoatlantic, proxecto promovido polo Concello de Ourense busca con carácter xeral “promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas, en especial Ourense” mediante o desenvolvemento conxunto de ferramentas e metodoloxías que permitan “crear as condicións necesarias, para favorecer a transición enerxética no Espacio Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables, para o pulo aos recursos xeotérmicos locais”.

Artigos relacionados

Back to top button