ConcellosTrivesÚltima hora

Arranca en Trives o novo proxecto de promoción do GDR Sil-Bibei-Navea ‘Coñece e Saborea’

A primeira das dez rutas de sendeirismo (unha por cada concello integrante) con degustación de produtos locais será o domingo 14 de agosto

 

O GDR Sil-Bibei-Navea porá en marcha este domingo 14 de agosto na Pobra de Trivdes, o terceiro dos catro proxectos de animación e promoción do territorio dos dez concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Rural.

Tal como explica o presidente, Francisco Magide, o que se pretende dende o GDR é “dalgún xeito interrelacionar os distintos proxectos de animación e promoción”. Para iso, o primeiro proxecto está relacionado cos productores e a súa difusión a través das redes e coa presenza no territorio dun grupo de difusores do mesmo; o segundo foi a preparación de conservas a cargo da UVigo que se levou a cabo en todos os concellos; e agora toca o terceiro que consite en dez andainas nos dez concellos para dar a coñecer o territorio e o remate das mesmas. “En cada unha delas terá lugar unha degustación dos productos da terra de cada zona baixo o lema ‘Coñece e Saborea’, explica Magide.

Dado que o número de prazas é limitado, para anotarse na primeira que terá lugar o 14 de agosto na Pobra de Trives, pódese chamar aos números de teléfono: 678 602 928 / 648 602 732.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button