En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arranca no Barco a manifestación en defensa da área sanitaria de Valdeorras

Pasadas as seis e media da tarde comezaba a aproximarse á xente ás inmediacións do pavillón de Calabagueiros, no Barco e xa en torno ás sete e dez, arrancaba a manifestación do oriente ourensán para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, que contempla a supresión da área sanitaria de Valdeorras. Nela participan milleiros de persoas, algunhas de comarcas próximas como a de Monforte, cuxa área tamén corre o risco de desaparecer coa reforma da lei.

Con pancartas rexeitando “unha sanidade de segunda” e contra “a privatización da sanidade”, o percorrido levará aos manifestantes, chegados de toda a contorna, pola rúa Conde Fenosa ata a praza do Concello.

 

A manifestación pasando polo centro do Barco.

Máis información e fotos en:
https://osil.info/milleiros-de-cidadans-oriente-ourensan-saen-rua-defender-area-sanitaria-barco/

Artigos relacionados

Back to top button