DeportesGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Arranca o 51 Rallye de Ourense coa chuvia como hándicap

José Antonio Cohete Suárez será o primeiro en tomar a saída esta tarde no tramo da Peroxa

Por fin chegou o día. O ansiado Rallye de Ourense, polo que os afeccionados levaban un ano esperando arranca esta tarde ás 17:30h. dende o Xardín do Posío coa primeira etapa e os dous pases polos tramos de A Peroxa (54,87 km) e Tóen-Castrelo (38,87 km) e farao pendente da chuvia que se prevé.

Os preto de 80 equipos incritos teñen por diante dous días de carreiras e máis de 500 km de percorrido pero  xa dende vén cedo, a zona de asistencia en Expourese era un fervedoiro de xente e coches cos equipos técnicos ultimando os detalles de cada vehículo.

Noutro punto de Ourense, en Castro de Beiro disputábase o Shakedown de 4,40 Km, e posteriormente o Tramo Cronometrado Clasificatorio. Dos 8 pilotos prioritarios que ían tomar a salida, tres non o disputaron: Iván Ares, Alberto Monarri e Fran Cima. Do resto, o mellor tempo foi para José Antonio Cohete Suárez, que saíra en primeiro lugar na Peroxa, seguido por Fuster que sairá en segundo lugar, Vinyes en terceiro, Javier Pardo en cuarto e Pernía en quinto lugar. Ares, Monarri e Fran Cima non puderon disputar o TCC sairán respectivamente, sexto, sptimo e oitavo.

Despois da elección dos postos de saída, o salón de actos de Expourense acollía a rolda de prensa coa presenza dalgúns dos pilotos que loitarán por subir ao podio en Ourense. Miguel Fuster asegurou que lle gustou moito “o tramo clasificatorio pero esta edición preséntase complicada pola chuvia, sobre todo porque se poden producir moitos pinchazos”. Iván Ares, pola súa banda, comentou o problema sufrido no shakedown “un mal apoio do vehículo que produciu a rotura da rótula dereita da dirección”. Javier Pardo, o piloto local e oficial do equipo Suzuki, afirmou “estar moi concentrado e esperanzado en realizar un bo rallye en casa”.

No seu turno, Surhayen Pernía tamén falou do temor  aos pinchazos que adoitan producirse cando as condicións climatolóxicas son adversas como parece que será o caso desta 51ª edición. Alberto Monarri, piloto oficial de Abarth, asegurou estar “moi contento coa tempada” esperando “facer bo rallye”, preocupado tamén pola meteoroloxía.

Para Pep Bassas, fillo do vencedor da edición de 1990, será “a primeira vez que corro un rallye cun trazado tan complicado e estradas estreitas”, mentres que Fran Cima, novo piloto oficial de Renault Sport España,  disputa o seu primer Rallye da tempada do nacional.

 

Artigos relacionados

Back to top button