CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Arranca o Campus do Atlético de Madrid en Viana do Bolo

Desenvolverase ata o 7 de agosto no Campo das Carrelas en horario de 9:30 a 14 horas

Publicidade
Primeira xornada do Campus do Atlético de Madrid no Campos das Carrelas, en Viana. /Foto cedida.

 

Dende hoxe e ata o sábado 7 de agosto, Viana do Bolo acolle un dos catro Campus do Atlético de Madrid en Galicia ao que asisten medio cento de cativos (nenos e nenas) de entre 5 e 16 anos.

As sesións do campus, impartidas por adestradores da academia do Atlético de Madrid, no Campo das Carrelas terán un horario de 9:30 a 14 horas, e traballarase a técnica individual e colectiva, combinándoa con actividades lúdicas e competitivas. Os grupos de nenos serán reducidos, tanto por idade como por categorías, e ao final do campus cada neno recibirá unha fotografía individual, un informe técnico por parte do adestrador e un diploma acreditativo da súa participación.

Así, este campus de verán “axudará aos participantes a sacar o máximo rendemento das súas cualidades deportivas, ao tempo que aprenden e se divirten”, aseguran dende o club, destacando que o obxectivo destes campus é “educar e formar -a través do fútbol- en valores aos nenos e xoves en idae escolar”, para o cal, da man do equipo técnico dirixido polo ex xogador e director deportivo dos campus, Manuel Sánchez “Manolo”, aprenderán os coñecementos e habilidades necesarios para seguir progresando día a día.

Artigos relacionados

Back to top button