CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Arranca a XV Semana de xornadas educativo-empresariais no IES Lauro Olmo

O alcalde do Barco, Alfredo García e a directora do centro Amparo Quiroga, inauguraban o acto

Dende hoxe 13 de febreiro e ata o venres día 17, desenvolverase no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras a XV edición das xornadas educativo-empresariais dirixidas aos alumnos de Formación Profesional.

“Sodes moi importantes”, aseguraba o alcalde do Barco, Alfredo García, na inauguración da semana, porque “o país necesita xente coma vos, ben formados profesionalmente e agora tedes a oportunidade de seguir formándovos”, dixo engadindo que “poucas oportunides de atopar un bo traballo teñen os que non conseguen titulación”, sen deixar de lado os seus consellos cobre o autoemprego e a creación dunha empresa propia.

Acompañando a Alfredo na mesa, tamén estaba a directora do centro, Amparo Quiroga, quen asegurou estar “moi orgullosa de vos”, díxolles aos alumnos presentes; e a Concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Barco, Irene Dacal, que abría o ciclo de conferencias cunha charla sobre o emprendemento empresarial e o Viveiro de Empresas do Barco.

Mañá martes, tocaralle o turno ao Ciclo Medio de Cuidados Auxiliares de Enfermería e o Ciclo Medio de Atención a Persoas Dependentes, con charlas sobre a Periodoncia e a prevención de úlceras por presión. E ao longo da semana, haberá conferencias sobre diferentes temas dirixidos aos alumnos do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas; do Ciclo Medio de Administrativo e Ciclo Superior de Finanzas; e do Ciclo Medio de Peiteados e Cosmética Capilar.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button