CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Arranca a XVI Semana de Xornadas Educación-Empresa no IES Lauro Olmo

A inauguración corría por conta da directora do centro Amparo Quiroga e do tenente de alcalde do Barco Aurentino Alonso

Dende hoxe e ata o venres 2 de marzo, desenvolveranse no IES Lauro Olmo as Xornadas Educación-Empresa, dirixidas aos alumnos da Formación Profesional, que van xa pola XVI edición.

A inauguración, a cargo da directora Amparo Quiroga e do tenente de alcalde e profesor Aurentino Alonso, tiña lugar na mañá do 26 de febreiro e na mesma xornada, celebrábase a primeira ponencia de carácter xeral á que asistían todos os alumnos, que xirou en torno ás novas estratexias na búsqueda de emprego da man de profesionais de Aeva.

A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario e sobre novas tecnoloxías para a optimización enerxética, pechando o ciclo a ponencia sobre “O esforzo como clave do éxito da man da directora do Centro Residencial Campolar. Tamén haberá visitas a empresas como Cedie e xornadas técnicas para o ciclo de Peiteados e Cosmética Capilar.

Para mañá, martes día 27, está prevista unha ponencia sobre “Comunicación sanitario-paciente” para o Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Os alumnos do Ciclo de Automoción e FP Basica de Automoción, pola súa banda, realizarán unha visita técnica ao Centro de Experimentación de Seguridade Viaria en Ávila.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button