CulturaCulturaÚltima hora

Arranca a XXXIII edición do Outono Fotográfico

Coa “Periferia” como lema, o festival da fotografía reunirá a máis de 300 autores en preto de 90 exposicións
Presentación do 33 Outono Fotográfico no Liceo de Ourense.
Presentación do 33 Outono Fotográfico no Liceo de Ourense.

87 exposicións (41 delas en Ourense), 72 espazos expositivos, 22 localidades e 308 autores entre os que hai novos valores da fotografía e nomes propios, coma os de Vari Caramés ou Manuel Sendón. Son os datos da XXXIII edición do Outono Fotográfico, co que arranca o ciclo festivo e cultural máis importante do ano en Ourense (que inclúe magosto e Festival de Cine) que se desenvolverá no vindeiro trimestre.

A presentación do festival da fotografía tiña lugar na mañá do 20 de outubro no Liceo de Ourense e contou con representantes do Outono Fotográfico e do Concello con alcalde Jesús Vázquez á cabeza.

Na cidade son catro os espazos expositivos nos que se poderán ver obras do festival. O Museo Municipal da rúa Lepanto, achegará ao público aos problemas das mulleres na India; Substantivos femininos; os Espantallos de Manuel Sendón; ou contrastes entre os brancos e os negros das propostas de Iván Merayo e Berto Macei. Tamén haberá Outono Fotográfico nos centros cívicos da Cuña, con mostras do colectivo Potiños; e A Ponte, onde se exporá a nova colección fotográfica do Clube Alpino Ourensán. O Auditorio será o cuarto espazo expositivo municipal, coa presenza da obra Miradas do presente ou pegadas do Futuro, traballo do colectivo ourensán Fotosíntese.

O circuíto arranca o 22 de outubro coa inauguración da exposición “Philosophers, the lotus Chronicle” por Catrine Val no Museo Municipal de Ourense, aberta ata o 15 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button