DeportesÚltima hora

Arrancan os campus de verán de Quiroga

O alcalde Julio Álvarez visitou o de fútbol nesta mañá de 9 de xullo

O XIII campus de fútbol de Quiroga abría onte as súas portas para corenta rapaces e rapazas nas instalacións do campo de San Martiño e das piscinas municipais. Vaise desenvolver ata este venres 12 de xullo de 11 da mañá a 13:30h do mediodía. Ademais, o venres, día de remate da actividade, os participantes desfrutarán dunha festa na piscina, onde se lle outorgarán os diplomas de participación e recibirán un equipamento.

 

Os participantes do campus de fútbol.

 

Por outra banda, o vindeiro luns 15 de xullo comezará o Campus de Voleibol de Verán, ata o venres 19. O prazo de inscrición xa está aberto para esta actividade que se desenvolverá entre o pavillón municipal e as piscinas municipais. Os participantes deberán anotarse na Casa da Cultura e o horario será o mesmo que no de fútbol, de dez da mañá a unha e media do mediodía.

Artigos relacionados

Back to top button