ConcellosÚltima hora

Arrinca a IV edición Ruta Galifornia

Nesta edición a ruta percorrerá parte do sur de Galicia e o norte de Portugal

 

Cartel da IV Edición da Ruta Galifornia.

 

Hoxe comezou a primeira etapa da Ruta Galifornia, con saída ás 9:45 horas dende Monforte de Lemos na Praza dos Escolapios. Seguidamente, ás 10:30 horas visitarase á Rectoral de Gundivós durante unha hora, e depois seguirase a ruta parando en varios miradoiros da zona. Ás 14:00 horas xantarán en Casa Pepe, e tras repor as forzas continuarán a marcha polo paseo fluvial. Ás 18:00 horas tense prevista a saída rumbo As Ermidas para a visita do santuario ás 19:30 horas. A chegada a Vinana Do Bolo espérase para as 20:00 horas, onde poderán botar una ollada polo pobo para pechar o día cunha boa cea ás 21:30 no restaurante A Nosa Casa e descansar no hotel Mirador da Ribeira.

Estas son as cinco etapas desta viaxe que, sen dúbida, pinta sorprender a todos os participantes:

31 de xullo. Monforte de Lemos – Viana do Bolo: Monforte de Lemos, Cañóns do Miño e do Sil, Castro Caldelas, Santuario das Ermidas, Viana do Bolo.

1 de agosto. Viana do Bolo – Chaves: Viana do Bolo, Pena Trevinca, A Gudiña, Parque Natural de Montesinho, Braganza, Albufeira do Azibo, Chaves.

2 de agosto. Chaves – Peso da Regua -Viseu: Chaves, Fundaçao Casa de Mateus, Pinhao, Peso da Regua, Lamego, Castro Daire, Viseu.

3 de agosto. Viseu- Vila do Conde: Viseu, Museo do Caramulo, Museo do Bacalhau de Ilhavo, Aveiro e Praias, Lagoas de Sao Jacinto, Oporto, Vila do Conde.

4 de agostoVila do Conde – Ribadavia: Vila do Conde, Castelo de Guimaraes, Miradouro da Pedra Bela, Porta do Homem, A Escusalla, Aquis Querquennis, Termas de Bande, Mosteiro de Celanova, Ribadavia.

 

A Ruta Galifornia 2019.

 

A Ruta Galifornia en moto ten na actualidade dous percorridos distintos, un itinerario “Rías Baixas” e “Volta a Galicia”

A Fundación Galifornia, declarada de interés público, ten por obxecto dar a coñecer e por en valor o territorio da costa oeste peninsular Galicia-Portugal; os seus activos, modos de vida, recursos turísticos, patrimonio cultural, etc. Esta fundación ideou A Ruta Galifornia en moto, que na actualidade consta de dous percorridos diferentes:

Patrimonio Rías Baixas. Trátase dunha ruta moteira ideal para descubrir o marabilloso patrimonio cultural, artístico, histórico e natural que teñen as nosas Rías Baixas. Nesta ruta, bordéase toda a provincia de Pontevedra, cunha ollada especial nos elementos con valor histórico da provincia. Conta con subvencións de Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra.

Volta a Galicia. É unha ruta idónea para descubrir Galicia, unha viaxe rodada que percorre Galicia co seu zoar, a fescura dos seus bosques, a súa cultura e gastronomía, as costumes e as lendas… Esta ruta está subvencionada pola Xunta de Galicia.

A Ruta Galifornia Patrimonio Rías Baixas é a ruta dos cinco días cos cinco sentidos. Experiencias únicas escoitando os bosques, cheirando as pradeiras e as marismas, poderanse ver as cores e formas de paisaxes incribles, degustar manxares que só se ofertan nas Rías Baixas… En definitiva, unha forma especial de coñecer Galicia adentrándose na súa profundidade.

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button