PolíticaÚltima hora

Arsenio Moldes, novo portavoz municipal do PP no Barco

Asume a función de liderar e coordinar o traballo que desenvolverá o grupo popular, segundo vén de anunciar o partido

Arsenio Moldes, novo portavoz do grupo municipal do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Arsenio Moldes, novo portavoz do grupo municipal do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os concelleiros do PP no Barco veñen de elixir, por unanimidade, a Arsenio Moldes como portavoz do seu grupo municipal para os vindeiros catro anos. Así se facía público a través dunha nota de prensa, tras presentar na mañá do 18 de xuño un escrito no Concello.

Reunión do grupo municipal do PP no Barco, na que tamén estivo Moisés Blanco.
Reunión do grupo municipal do PP no Barco, na que tamén estivo Moisés Blanco.

Moldes, que xa ten exercido de portavoz adxunto durante os últimos anos, desenvolverá as funciones de organización e coordinación do traballo do seu grupo e compartirá co edís Carlos Javier Crespo e Sabina Aguado a tarefa de trasladar a información do labor do grupo, tanto “aos medios de comunicación, como nas diferentes intervenciones nas sesións plenarias”, segundo se indica no comunicado.

O novo portavoz popular amósase “ilusionado nesta nova etapa, na que por suposto botaremos de menos ao que foi o noso portavoz durante os últimos 8 años, Moisés Blanco”.

Artigos relacionados

Back to top button