CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Arte con chocolate e música para os nenos triveses

Os alumnos de de Educación Infantil do CEIP Manuel Bermúdez Couso visitaban na mañá do 11 de decembro o Museo da Escola e da Infancia e o Centro de Interpretación de Trives, no edificio Santa Leonor, no marco da actividade chamada Arte con Chocolate.

Alí ademáis da visita guiada polo centro, desfrutaban dunha actuación musical de panxoliñas levada a cabo por pais dos nenos e polas traballadoras da Biblioteca Municipal. Un momento moi divertido no que os nenos participaron cantando e bailando.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button