OurenseÚltima hora

“A arte da composición” da man do fotógrafo Fran Nieto, este venres en Ourense

A conferencia está organizada pola agrupación FotoSintese e comezará ás 19:30h. en La Molinera
Imaxe da portada do libro do fotógrafo Fran Nieto.

En pleno Outono Fotográfico, novembro é o mes da fotografía por excelencia e dende a agrupación FotoSintese de Ourense non deixan de demostralo. Ademais da exposición colectiva “Do lusco fusco alo albor” que estará aberta ata o día 30, La Molinera acollerá este venres día 17 ás 19:30 horas, unha conferencia sobre “A arte da composición na fotografía” a cargo do creador fotográfico galego, Fran Nieto, na que se analizará a forma en que perdibimos a realidade e a existencia ou non das regras compositivas.

Ese tema é tamén o que Nieto aborda no seu último libro “El arte de la composición. Enriquece tu mirada fotográfica” cuxo obxectivo é “examinar, elixir e organizar os elementos visuais no visor para lograr a comunicación do que queremos representar, respectando en todo momento a personalidade e visión persoal do fotógrafo” e que presentará aos asistentes trala charla.

Artigos relacionados

Back to top button