CulturaCulturaÚltima hora

Arte valdeorresa na mostra “Artsorey” en Cambados

Está promovida dende o IES Francisco Asorey desta localidade pontevedra e inclúe obras de diversos creadores entre os que está o barquense Chere
O tenente de alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, e o vicedirector e comisario da exposición, Domingo Tabuyo.

Ata o vindeiro 2 de xullo poderá visitarse en Exposalnés a mostra “Artsorey”, unha colectiva de preto de quince creadores entre os que está o valdeorrés Gerardo Rodríguez “Chere”. A mostra, que se inclúe dentro dos actos conmemorativos do evento “Cambados. Cidade Europea do Viño 2017”, inaugurábase na tarde do 10 de xuño nun concurrido acto.

 

Asistentes á inauguración da exposición “Artsorey”.

 

O artista barquense Chere cun grupo de asistentes.

 

Chere co tenente de alcalde de Cambados e coa comisaria da exposición, María Gómez.

 

Chere participa na exposición con cinco obras: dúas pinturas, dúas esculturas e unha vídeo-instalación en 360 graos. Xunto ás súas pezas están a doutros autores como Manuel Paz, Guillermo Pedrosa, Francisco Pazos, Marcela Santorum, Lino Silva, Emérita Méndez, Jorge Agra, Carlos Maño, Uxío López, Eduardo Baamonde, María Casal, Elena Silvosa e Mon Costa.

Fotos: cedidas por Chere.

 

“Mencía na intimidade”, acrílico sobre caixa de viño. Unha das obras de Chere na mostra.

 

Un dos momentos da apertura da mostra en Exposalnés.

 

Público e obras.

Artigos relacionados

Back to top button