EconomíaEconomíaÚltima hora

Artesanía, doces e agasallos no Mercadiño de Nadal do Barco, do 6 ao 8 de decembro

Será a oitava edición desta mostra, que se instalará na praza do Concello e que contará cunha vintena de postos de diversos produtos e tamén con actividades infantís

 

O alcalde do Barco coa concelleira de Turismo e Comercio, na rolda de prensa./ Foto: A.R.

 

Dende marmeladas, pasando por cosmética natural, xoguetes de madeira, artesanía en coiro e lousa e ata doces e adornos navideños. Serán algúns dos variados artigos que se porán a venda na oitava edición do Mercadiño de Nadal do Barco que organizará, por oitavo ano consecutivo a Concellería de Comercio e Turismo do Barco, na praza do Concello.

Esta mostra, que contará cunha vintena de postos nesta edición, celebrarase entre os días 6 e 8 de decembro. A súa inauguración está prevista para as 12h. do 6 de decembro, e terá un horario de 12h. ata 21h. durante eses días. Entre os expositores estarán tamén tres entidades benéficas da vila: a AECC de Valdeorras, Disvalia e Asfaval. Como complemento haberá actividades infantís ás 18h. como son pintacaras e globoflexia. Así o anunciaba en rolda de prensa a concelleira de Turismo, Irene Dacal, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, na mañá do 28 de novembro.

 

Carteis desta edición do Mercadiño de Nadal no Barco.

 

Curso adornos florais

Ademais, Irene Dacal anunciaba que neste Nadal tamén se organizará un curso de adornos florais, dada a boa acollida da pasada edición. Será os días 13 e 14 de decembro e haberá 20 prazas cada día. As inscricións poderán realizarse chamando ao Concello do Barco e a cobertura das prazas será por orde de inscrición.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button