EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Artesanía e produtos da zona, na Feira de Vilariño de Conso

14 postos participaron nesta mostra na praia fluvial da vila

 

A praia fluvial de Vilariño de Conso, acollía na xornada desde mércores 4 de agosto a Feira de artesanía e produtos da zona (de Vilariño e Viana e tamén de Valdeorras, Terras de Trives ou Quiroga) que decidían manter a pesar das circunstancias. Para iso reducían o aforo e separaban os postos (participaban 14) para poder manter as medidas sanitarias requeridas.

 

A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía.

 

Así, dende as 12 e ata pasadas as cinco da tarde, os postos de viño, mel, Faba Loba de Trevinca, aceite e por suposto froita e todo tipo de artigos en coiro ou la, bixutería,… ademais dun representativo do Entroido de Vilariño de Conso (Festa de Interese Turístico de Galicia), amosaron e venderon os seus produtos aos visitantes, nunha xornada marcada polo sol.

Os asistentes tamén poideron degustar pulpo á feira e churrasco, previo encargo, mentres os máis pequenos contaron cos inchábeis que permanecerán instalados no recinto durante o verán.

 

Stand da Asociación Xuntos polo Fulión.

 

Tal como explica a propia alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, esta mostra forma parte do programa de actividades deseñado para o verán, que inclúe proxeccións ao aire libre de filmes de estrea, os venres  ás 22horas. Esta fin de proxectarase o documental  Entre Pastores y Lobos, producido por IBIS Naturaleza e Imagen e dirixido por Manuel Pedrosa, que narra a vida dos pastores do macizo ourensán.

Ademais, o domingo 8 de agosto a Banda de Gaitas do Concello dará un concerto ás 20:30 horas no mesmo entorno da praia fluvial.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button