EconomíaEconomíaÚltima hora

Artesanía e produtos locais no I Mercadiño de Nadal de Quiroga, o 27 de decembro

 

Dado o éxito do mercado celebrado o pasado verán, o Concello de Quiroga e a Asociación de Artesáns Galegos Tarabelada da que forman parte varios emprendedores locais, decidían colaborar e organizar un novo mercado, nesta ocasión de Nada. Nace así o I Mercadiño de Nadal de Artesanía e Produtos Locais que se celebrará o vindeiro luns, 27 de decembro na praza España.

En total serán 16 os postos que se instalen nas carpas colocadas para o evento que abrirán ao público ás dez da mañá para manterse abertas durante toda a xornada. Neste primeiro mercado de Nadal poderase atopar todo tipo de produtos alimenticios e de artesanía enfocados ao Nadal que servirán para dar a coñecer os produtos que se elaboran artesanalmente dentro da nosa comarca. Tamén haberá produtos artesanais de todo tipo, moitos deles amparados baixo o selo Artesanía de Galicia; e poderase ver unha demostración do traballo da madeira con torno.

 

Artigos relacionados

Back to top button