ConcellosÚltima horaVerín

Artur Alonso presenta en Verín o seu libro “Mudar o Mundo”

 

“Mudar o Mundo. Na procura dun novo paradigma para uma humanidade”. É o título do libro de Artur Afonso Novelhe presentaba a partir das 19:30h. deste venres no salón de actos da Casa da Cultura de Verín. Neste acto o autor estaba acompañado na mesa polo seu amigo dende a mocidade Santiago Lorenzo Taboada, secretario dol Concello de Castrelo. Entre o público non faltaba tampouco outro amigo e compañeiro de estudos de ambos, o verinés Jorge Godás.

Nesta obra Alonso Novelhe parte da premisa “transformar o estado de guerra, competencia, en que aínda habita a humanidade”. A partir de aí transita pola diferentes épocas históricas e as súas achegas a unha “lenta, pero inevitable, transformación dunha humanidade focalizada na ganancia material, e que basea a súa supervivencia, na dicotomía dominar ou ser dominado”.

 

 

Artur Alonso Novelhe

Naceu na cidade do México, o 21 de Xuño de 1964. Participou no Comité de Solidariedade coa América Latina e na AGAL (Asociación Galega da Lingua). En 2011, ingresou como membro numerario da AGLP (Academia Galega da Lingua Portuguesa). Ex-director IGESIP (Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz), integra o Consello Consultivo do MIL (Movemento Internacional Lusófono) e o Grupo dos Poetas Vivos da Galiza, entre outras entidades, como o Círculo de Escritores Moçambicanos na Diáspora, de que é Membro Honorário.

Recibiu o XVIII Premio de Poesía “ Feliciano Rolán”, en 2004, na cidade galega da Guarda. Obtivo unha Mención especial do Xurado no XXVI Premio Mundial de Poesía Nosside, en 2010. Colabora en diversas publicacións: Portal Galego da Lingua, Revista Incomunidade, Nós Diario, Revista Identidades, Palabra Común e Revista Elipse. Ten varios libros publicados: de poesía, teatro, prosa e ensaio.

Fotos: Jorge Godás Limia.

Artigos relacionados

Back to top button