EconomíaEconomíaÚltima hora

Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas, clausurará a asemblea anual de AEVA

Esta entidade vén de convocar aos seus asociados para a tarde do vindeiro 14 de xuño no Barco
O director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), que preside Araceli Fernández del Palacio, celebrará o vindeiro 14 de xuño a súa asemblea ordinaria anual. Os seus asociados están convocados para as 20:30h. no salón de actos do edificio multiusos do Barco.

Na orde do día da xuntanza incluíranse puntos como a aprobación da memoria de actividades da entidade durante o 2017, o orzamento do 2017 e a súa previsión orzamentaria para o 2018, así como as novas afiliacións dende a anterior asemblea.
Outra das cuestións que se abordará será a ratificación do acordo de incorporación a AEVA da Asociación de Empresarios Bodegueros de Valdeorras e un convenio de colaboración coa Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Imaxe da asemblea de AEVA do 2017./ Foto: Carlos G. Hervella.

No decurso deste encontro renderase unha homenaxe ás empresas que cumpren dúas décadas dentro de asociación neste ano, é dicir, ás que se incorporaban á entidade en 1998. A clausura da asemblea correrá a cargo de Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas, un conxunto de sociedades ourensás con presenza en varios sectores, entre eles o da alimentación. Este grupo celebraba no pasado ano 2017 o 150 aniversario da súa fundación.

Artigos relacionados

Back to top button