DeportesÚltima hora

Arturo Valls e David Bustamante entre os participantes na Pilgrim Race que chega este venres a Vilamartín de Valdeorras

A valdeorresa Eva Arias tamén compite nesta carreira ciclista que pasa polo Camiño de Inverno
A concelleira Deportes de Vilamartín, Eva Arias, co presentador Arturo Valls (no centro).

O cantante David Bustamante e os cómicos e presentadores de televisión Arturo Valls, Florentino Fernández e Dani Martínez, están entre os ciclistas (uns 300 segundo o Concello) que participan na Gaes Pilgrim Race, unha proba deportiva en bicicleta de montaña que chega este venres 21 de xullo pola tarde a Vilamartín de Valdeorras.

Esta actividade partía o domingo 16 de xullo, dende Madrid e durante esta semana, os participantes percorreron unha gran parte dos 725 quilómetros  totais dos que consta, por rutas marcadas seguindo camiños de peregrinación que repartiron en 8 etapas. A sexta, que realizarán o venres, percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia por Valdeorras a través do Camiño de Inverno. O trazado partirá de Astorga e parará en Vilamartín. Os deportistas farán noite na área recreativa do Bañadoiro e dende alí sairá ao día seguinte, 22 xullo, a sétima etapa para chegar a Lalín.

 

Perfil da sexta etapa entre Astorga e Vilamartín de Valdeorras.

A concelleira de Deportes de Vilamartín de Valdeorras, Eva Arias, participa nesta iniciativa que promove as rutas xacobeas menos coñecidas, ademais de “organizar todos os preparativos para que o resto de participantes se sintan cómodos nas instalacións do Bañadoiro”, explican dende o Concello que cede o campo de fútbol para a acampada e o pavillón de deportes para instalar todos os servizos da organización, entre eles, “un sistema de cociñas para preparar as comidas”, puntualizan. Entre as actividades previstas para agasallar aos participantes desta proba haberá unha actuación do Folión Os viticultores, ademais dunha queimada con conxuro.

Perfil da sétima etapa entre Vilamartín de Valdeorras e Lalín.

Artigos relacionados

Back to top button