OurenseÚltima hora

As 24 horas teatrais e escénicas reunirán a medio cento de novos talentos no Espazo Xove de Ourense

Do 23 de marzo ás 22h. ao 24 de marzo á mesma hora, artistas ourensáns vinculados ao mundo do teatro, da maxia, da música e do baile amosarán as súas pezas
Presentación do programa no Espazo Xove de Ourense.

Medio cento de novos talentos reuniranse este venres no Espazo Xove de Ourense do marco do 10º aniversario das 24 horas teatrais e escénicas, nun espectáculo artístico multidisciplinar que este ano, ademais de servir para a presentación das súas obras, facilitará o intercambio cultural entre xeracións artísticas diversas.

Durante 24 horas, desde o 23 de marzo ás 22 horas ata o 24 de marzo á mesma hora, mozos e mozas, artistas emerxentes ourensáns vinculados ao mundo do teatro, da maxia, da música e do baile presentarán as súas pezas en público nun entorno de altruísmo artístico. Este décimo aniversario está inspirado nunha actividade semellante que se celebra en Edimburgo, aínda que orientada ao sector profesional. “Neste caso propoñemos xuntar afeccionados e profesionais para que Ourense sexa, xunto con Edimburgo, un referente único e artístico durante unhas horas”, en palabras da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez na presentación, que tiña lugar no Espazo Xove acompañada por Fernando González, actor socio fundador de ilMaquinario Teatro, compañía ourensana, e nomeado este ano ao premio María Casares na categoría de mellor actor non protagonista por Resaca, a máis recente peza da compañía. Tamén estiveron outros representantes de grupos e asociacións culturais da cidade, como Abran Paso, Marañao, Olobú ou Teatrino.

Durante esta celebración, ofertarase, ademais, a posibilidade de participar nun match de improvisación a todas as persoas interesadas en experimentar por primeira vez un acto escénico, que sentará as bases para a segunda parte da actividade onde actores e actrices, directores e directoras, e autores poderán apuntarse nunha lista para crear pequenas pezas únicas e persoais que se representarán ao día seguinte como epílogo da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button