EconomíaEconomíaÚltima hora

As adegas da Ribeira Sacra reciben as certificacións de calidade ENAC

Culmina así un longo proceso que comezaba no 2010 e que implicaba a adegueiros e consello regulador
Un dos momentos do acto, celebrado en Portomarín.

“Esta certificación posiciona á Denominación de Orixe Ribeira Sacra no máis alto”. O presidente deste consello regulador, José Manuel Rodríguez, destacaba deste xeito a importancia da consecución das certificacións de calidade ENAC por parte de todas as adegas da D.O. Ribeira Sacra, durante a entrega destes selos na mañá do 17 de novembro no Pazo Xeral Paredes en Portomarín (Lugo). Un acto que culminaba unha andaina que comezaba no ano 2010.

Á entrega asistía a xefe do departamento Agroalimentario de ENAC, Elisa Gredilla Zazo, que recoñecía o “gran traballo” realizado polas adegas e polo personal do Consello Regulador “neste proceso longo e complexo, que deu como froito que o consello sexa capaz de cumprir e facer cumprir unha esixente norma europea, pero totalmente necesaria, para obter o recoñecemento dun produto apto e de calidade, como os viños acollidos á DO”.

Tamén recordaba que esta acreditación é un recoñecemento sobre o etiquetado do produto que se certifica coa precinta de garantía “tras cumprir a esixente lexislación europea e axuda tamén, como ferramenta na promoción exterior, xa que os certificados outorgados por ENAC son recoñecidos en máis de 70 países”.

Ademais contábase coa presenza do alcalde de Portomarín,Juan Carlos Serrano López, e da directora xeral Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo Piñeiro, quen incidía en que “este acto é moi importante para a Xunta xa que supón a culminación dun proceso complexo no que os adegueiros tiveron un papel moi importante”. E sinalaba que o “reto actual está na acreditación do panel de Cata”. Nestes momentos o Consello Regulador da DO Ribeira Sacra atópase na fase de adestramento e formación do seu Panel de Cata aos requisitos da norma UNE-EN ESO/IEC 17025:2005.

Os adegueiros coas súas certificacións, xunto as autoridades presentes.

Esta entrega concluía cunha degustación de tres singularidades gastronómicas: a parva, a anguila e a tarta do Camiño, ao mesmo tempo que podía verse a mostra formade por 5 cubos que conmemora o 25 aniversario da D.O. Ribeira Sacra e que poderá visitarse no Pazo Xeral Paredes a partir de hoxe, 17 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close