EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

As adegas saen á rúa na “Festa de Portas Abertas” da Ruta do Viño de Valdeorras

As sete adegas participantes nas VII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras ofrecían degustacións na tarde do 2 de xuño na festa que se organizaba na praza do Concello do Barco. Así, os visitantes podían catar os viños de Godeval, O Casal, O Cepado, Alán de Val, Joaquín Rebolledo, Roandi e A Coroa, acompañados de pinchos e mentres soaba a música de The Cruze. Este evento reunía a unhas 500 persoas, segundo a organización.

Esta “Festa de Portas Abertas” era unha das propostas incluídas no programa destas xornadas, celebradas do 1 ao 3 de xuño, nas que tamén se realizaban degustacións e catas dirixidas pola sumiller Mercedes González no Hotel Retaurante A Calzada (Arcos) e no Bravo Lux (A Rúa), visitas ás adegas da Denominación de Orixe Valdeorras e unha andaina polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), coa asistencia de 25 persoas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Visita a unha das adegas da D.O. Valdeorras./ Foto cedida.

 

Andaina polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button